A facultade de Veterinaria forma parte dun proxecto pioneiro de selección xenómica en Raza Loura Galega
Un consorcio nacional procura incorporar a raza aos estándares internacionais
Un consorcio nacional procura incorporar a raza aos estándares internacionais
A profesora Azucena Mora, membro do grupo LREC e da Agrupación Estratéxica BioReDes, dá unha serie de recomendacións nesta entrevista en Somos Agro para garantir a seguridade alimentaria dos produtos que manexamos no día a día e repasa os distintos aspectos que centran a súa investigación, como a procura de alternativas para reducir a resistencia dalgunhas bacterias aos antibióticos.
Dafne Díaz Jiménez, membro do grupo LREC e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, defende na súa tese doutoral, dirixida por Azucena Moura, que a redución da presión antibiótica na produción avícola e a vixilancia da evolución bacteriana deben ser prioridades da saúde pública.
Adrián Casanova Chiclana, membro do Grupo ACUIGEN e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, defendeu na súa tese doutoral, dirixida por Paulino Martínez e Manel Vera, unha primeira aproximación xenómica á poboación de salmónidos co fin de avaliar a súa diversidade xenética, a súa estrutura poboacional ou os patróns de hibridación natural e intogresión procedente das soltas de piscifactorías.
Mar López García, membro do grupo ASAVDNA e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, desenvolve na súa tese, dirixida por Ángeles Romero, Lourdes Vázquez e Luis Ramil, diversos esquemas sensoriais para avaliar o estado de diversas especies de peixe conxelado de uso comercial.
Campus Terra e a Deputación Provincial de Lugo, en colaboración co Grupo ACUIGEN, membro da Agrupación Estratéxica BioReDes, actualmente en fase de transformación a Instituto de Investigación, organizan un ciclo de conferencias sobre o uso e aplicación de estudos xenéticos e xenómicos para a mellora produtiva animal e vexetal. As charlas terán lugar o día 1 de outubro na Facultade de Veterinaria e na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo e serán impartidas por Diego Robledo, (Roslin Institute and Royal School of Veterinary Studies) e por Beatriz Orosa (School of Biological Sciences), ámbolos dous pertencentes á Universidade de Edimburgo.
O profesor da EPS e membro da Agrupación Estratéxica do Campus Terra BioReDes, recibiu a entrega deste recoñecemento a prol do uso da lingua na institución académica, nun acto celebrado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.
BioReDes convoca 15 bolsas de iniciación á investigación para colaborar nos seus laboratorios
Os grupos Zebrabiores e Gapavet, membros de BioReDes, poñen en marcha un proxecto de crowfunding co fin de desenvolver un modelo en peixe cebra que permita descubrir as claves que orixinan os defectos conxénitos de glicosilación e avanzar no estudo das enfermidades raras.
A primeira reunión de constitución dunha nova estrutura de investigación en Campus Terra reuniu a máis de 40 científicos e técnicos.
Estamos trabajando para completar la información. Disculpen las molestias.