O profesor Antonio Rigueiro recibe o premio Luís Porteiro Garea

O profesor da EPS e membro da Agrupación Estratéxica do Campus Terra BioReDes, recibiu a entrega deste recoñecemento a prol do uso da lingua na institución académica, nun acto celebrado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

O profesor Antonio Rigueiro recibe o premio Luís Porteiro Garea

O premio Luís Porteiro Garea, un galardón creado en lembranza da figura e do legado do profesor da Cátedra de Dereito Civil e membro das Irmandades da Fala e que recoñece o traballo a prol do galego nas institucións académicas, foi entregado no día de onte ao profesor Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC e membro da Agrupación Estratéxica do Campus Terra BioReDes.

O reitor Antonio López salientou na gala de entrega que “A galeguidade de Antonio Rigueiro e a súa relación co galego é indisoluble” para logo expoñer os méritos colleitados por Rigueiro ao longo da súa traxectoria como docente, investigador e tamén no seu labor de transferencia e divulgación científica.

Estamos trabajando para completar la información. Disculpen las molestias.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información