Produción vexetal e agricultura sostible
Produción forestal sostible
Produción e saúde animal sostible
Alimentación segura e saudable
A empresas
BioReDes ábrese ao tecido produtivo do sector primario galego e eríxese en fonte de servizos para as empresas que o integran, impulsando a transferencia do coñecemento xerado na universidade e promovendo a innovación. BioReDes ofrece os seguintes servizos a empresas:
- Asesoramento na xestión e identificación de demandas e necesidades tecnolóxicas. Colaboramos na resolución das necesidades tecnolóxicas poñendo en contacto ás empresas cos grupos de investigación punteiros no seu ámbito de actuación.
- Información sobre axudas financeiras para proxectos e outras actividades de I+D+i en cooperación con grupos de investigación. Existen unha serie de mecanismos de apoio financeiro á investigación industrial concertada con grupos de investigación postos en marcha polas distintas administracións públicas. Desde BioReDes, ofrecemos asesoramento ás empresas á hora de participar en proxectos de I+D+i en colaboración con grupos de investigación, así como na preparación das propostas e axuda na procura de financiamento.
- Formación de persoal especializado. BioReDes oferta formación especializada a persoal de empresas, centros de transferencia e investigación, agrupacións industriais, asociacións, cooperativas, entre outros axentes do sector primario de Galicia.
- Servizos tecnolóxicos. BioReDes e os seus centros colaboradores dispoñen de coñecementos, equipos, materiais e tecnoloxías moi especializados que poden ser contratados polas empresas.
- Proxectos e contratos de I+D. A Agrupación Estratéxica do Campus Terra pode colaborar en proxectos de I+D para axentes empresariais que lles permitan desenvolver tecnoloxías específicas
- Licenza de resultados e tecnoloxías. BioReDes e os seus centros colaboradores dispoñen de resultados protexidos por patentes ou outros dereitos que están dispoñibles para as empresas.
Financiamento
Para facilitar a realización de proxectos de I+D+i entre investigadores e empresas, as diferentes administracións públicas puxeron en marcha distintos programas de apoio financeiro que inclúen subvencións de parte dos custos de execución, axudas para a contratación de persoal de I+D+i, créditos en condicións moi vantaxosas e unha importante desgravación fiscal, de tal maneira que as empresas poden abordar proxectos de I+D+i en condicións moi favorables. BioReDes conta con persoal técnico que pode asesorar ás empresas en opcións de financiamento para o desenvolvemento de I+D en colaboración con organismos públicos de investigación.
Etiquetas de actividade científica
- Bioeconomía / Economía Circular / Valorización residuos agrarios, gandeiros e forestais
- Produción forestal
- Sustentabilidade e Cambio Climático (adaptación e mitigación)
- Biodiversidade e servizos ecosistémicos
- Pragas e enfermidades/Incendios
- Produción animal
- Benestar animal
- Agricultura/Gandería de precisión
- Sanidade Animal/Benestar Animal
- Enxeñería de costas e da auga
- Xeomática aplicada
- Agroecoloxía e Produción ecolóxica
- Selección e mellora xenética
- Seguridade Alimentaria
- Biotecnoloxía/Tecnoloxías ómicas/ Microbioma
- Patrimonio cultural
- Soberanía Alimentaria / Tecnoloxías alimentarias