A seguridade da carne depende tamén do tratamento do consumidor
A profesora Azucena Mora, membro do grupo LREC e da Agrupación Estratéxica BioReDes, dá unha serie de recomendacións nesta entrevista en Somos Agro para garantir a seguridade alimentaria dos produtos que manexamos no día a día e repasa os distintos aspectos que centran a súa investigación, como a procura de alternativas para reducir a resistencia dalgunhas bacterias aos antibióticos.
