A facultade de Veterinaria forma parte dun proxecto pioneiro de selección xenómica en Raza Loura Galega
Un consorcio nacional procura incorporar a raza aos estándares internacionais
O consorcio está dirixido pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Loura Galega (Acruga), e ten como membros ao grupo de Xenética de Poboacións e Xenómica da USC, expertos de genotipado SNPs de Xenética Fontao, así como especialistas en Xenética Cuantitativa e Selección Xenómica da Universidade de Zaragoza, e especialistas da Facultade de Veterinaria da USC en Produción e Mellora Animal, así como doutros investigadores do Campus de Lugo.
Esta actuación, financiada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a través de convocatorias do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia (2014-2020), permitiu aplicar por vez primeira un programa de selección xenómica en raza Rubia Galega, na que se xenotiparon 3.500 animais co chip Axyom, que inclúe 67.000 marcadores SNPs. Entre as reses desta raza autóctona xenotipadas figuran 486 machos con máis de 50 descendentes e 207 con máis de 10. Asemade, das femias analizadas, 754 tiñan máis de cinco fillos, segundo se desprende da memoria do proxecto.