BioReDes avanza hacia a constitución dun novo instituto de investigación
A primeira reunión de constitución dunha nova estrutura de investigación en Campus Terra reuniu a máis de 40 científicos e técnicos.
O pasado xoves 15 de abril tivo lugar na Sala de Xuntas de Veterinaria a primeira reunión de constitución dun novo instituto de investigación baseado na estrutura de BioReDes. A ela asistiron o Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, a Adxunta á Vicerreitoría de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López, o Director da área de Promoción e Proxectos Internacionais, Emilio Martínez, o director da Agrupación Estratéxica BioReDes, Paulino Martínez, e os directores do IBADER e o Instituto de Acuicultura, Pablo Ramil e Carlos Pereira, ademais de numerosos científicos dos grupos de investigación máis punteiros do Campus Terra.
Na mencionada reunión puxéronse as bases para o inicio do proceso de transformación de BioReDes nunha nova estrutura científica que se converta en referente do sector primario de Galicia e do noroeste de España.