Campus Terra e BioReDes elevan o seu I+D a nivel mundial
O traballo sobre recubrimentos polisacáridos de Patricia Cazón e Manuel Vázquez convértese no máis citado da revista " Food Hydrocolloids", a máis importante a nivel mundial en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

O grupo de investigación ASAVDNA, integrante da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, segue cultivando éxitos. A tese doutoral de Patricia Cazón, recentemente defendida, é a base do artigo publicado na revista " Food Hydrocolloids", que, segundo Scopus, converteuse no máis referenciado da publicación, con 223 citas. O informe anual ‘2020 Journal Citation Reports’, elaborado pola empresa Clarivate Analytics, sitúa esta revista na primeira posición da clasificación de revistas científicas internacionais na área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.