A organización do d3 mobile 2020 falla os premios aos mellores modelos 3D presentados á presente edición, entre os que se atopa o premio BioReDes ao modelo inspirado nos labores de investigación da Agrupación.
O diario dixital agrario Campo Galego publica unha interesante reportaxe que resume as claves da charla de Gonzalo Fernández nos Cafés Biocientíficos de BioReDes. Nela, o investigador relatounos a experiencia veterinaria no control de pandemias.
A Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, organiza a segunda edición dos seus "Cafés Biocientíficos", que substitúen ao tradicional formato dos Xantares por unha versión de charlas en liña. O evento terá lugar este venres 5 de xuño, a partir das 12.30 h.
O investigador, membro da Agrupación Estratéxica do Campus Terra de la USC, BioReDes, desgrana as diversas leccións que podemos extraer da pandemia da Covid-19 e da importancia da "One Health".
O campionato científico internacional d3 mobile, co que a Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC BioReDes colabora achegando un dos premios, consegue un récord de participantes finalistas e o recoñecemento explícito da Universidade de Florencia ao seu modelo educativo, que cualifica de "perfecto".
O xornal da USC recolle hoxe o proxecto empresarial que crearon Paula Rodríguez Villamayor (investigadora predoutoral contratada na Agrupación BioReDes), David Freije, Jesús Viveiro, (estudantes de Enxeñaría Agrícola e Forestal e Relacións Laborais e Recursos Humanos, respectivamente) así como a estudante francesa do mestrado en Enxeñería de Procesado de Alimentos, Manon Blanquer. A iniciativa xurdiu baixo o Programa Argos e baséase na comunicación química animal, concretamente na mellora do benestar dos animais a través da comercialización de feromonas. Os mozos emprendedores esperan que a idea consiga finalmente o premio do programa e que teña unha boa acollida no sector.
O diario dixital agrario "Campo Galego" recolle esta intervención de Gonzalo Fernández Rodríguez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro de BioReDes durante as Xornadas Técnicas organizadas por Tenreira Galega. Na súa exposición, o investigador repasa unha serie de claves para mellorar a bioseguridade nas explotacións gandeiras.
Os compañeiros de Afinet - Rede de Innovación Agroforestal, comparten connosco este vídeo da intervención de Rosa Mosquera Losada, Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e membro de BioReDes, nos Cafés Biocientíficos organizados pola Agrupación o pasado 30 de abril.
O investigador Carlos Pereira Dopazo, Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro de BioReDes, fai unha serie de reflexións en La Voz de Galicia sobre a pandemia de Covid-19
Estamos trabajando para completar la información. Disculpen las molestias.
En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.